O Marín Futsal vai a confirmación por día, revelando aos poucos os detalles de planificación para a próxima tempada.
Este xoves tocou a quenda dunha renovación, a terceira, ao anunciarse a continuidade de Inés Mayán.
"É outra das xogadoras novas que temos no club e na que vemos un futuro moi prometedor. Coa súa calidade, estamos seguros de que a próxima tempada será unha das xogadoras importantes do equipo", aseguran desde o club marinense.
Inés únese desta forma a unha lista para a campaña 23-24 na que xa figuraban María Estévez e Adriana, ademais do técnico Ramiro Díaz.