Os ciclistas do G. D. Supermercados Froiz, Gonzalo Inguanzo e Miguel Rodriguez, participaron a pasada fin de semana no campionato do mundo de ciclocrós en Arkansas (USA).
Foi unha carreira de moi rápida, dunha hora de duración, na que o pelotón deu seis voltas a un circuíto marcado por un tramo de escaleiras infernal e unha subida cunha curva pechada.
Gonzalo Inguanzo protagonizou unha boa saída para situarse en sexta posición. Chegou mesmo a encabezar a proba nas primeira voltas. Con todo, co paso das voltas os favoritos ao título subiron o nivel e Inguazo tivo que conformarse co décimo sexto posto.
Miguel Rodriguez, pola súa banda, finalizou a súa participación en vixésimo cuarta posición.