Inicio de ano catastrófico para Arosa e Villalonga

O Salnés
19 de xaneiro 2025
Actualizado: 21:58

Os de Míchel Alonso encaixaron dous goles en propia na primeira metade e os celestes desapareceron tras o descanso e acabaron goleados

Sarriana-Arosa
Sarriana-Arosa / Arosa

SARRIÁ 4-1 AROSA

O comendo de ano do Arosa é para esquecer. O conxunto arlequinado suma a súa segunda derrota consecutiva tras caer goleado 4-1 fronte á Sarriá ao tirar pola borda unha primeira metade na que encaixou tres tantos, dous deles en propia.

O primeiro da tarde chegou no primeiro minuto de partido tras un disparo desde o frontal de Álex Millán que Álex Vila rexeitou e que Santi Gegunde introduciu en portaría rival.

Tivo nas súas botas o empate por medio de Duque, pero no seu lugar chegou o segundo tanto do equipo local tras unha falta a favor do Arosa. Sané e Gegunde combinaron e puxeron o esférico na área. O balón deu en Paqueco, que no seu intento de rexeite, marcou en propia porta.

Mediada a primeira parte, chegou o terceiro dos locais. Mario García tratou de ceder de cabeza a Vila, pero anotou en propia meta.

Antes do descanso, o Arosa espabiló e recortou diferenzas cun gol de Diz.

Tras o paso polos vestiarios a Sarriá esperou no seu propio campo para saír con espazos e non tardou en atopar a oportunidade para facer o cuarto tanto tras unha acción a balón parado visitante e a posterior transición en superioridade numérica. O Arosa non logrou replegar e Álex Guillán anotou por baixo.

Co 4-1 no marcador e media hora por diante todo podía ocorrer, pero o equipo local estaba cómodo con balón e os visitantes deron todo por perdido.

SILVA 4-0 VILLALONGA

O conxunto celeste, pola súa banda, foi de máis a menos no seu enfrontamento ante o Silva e desvaneceuse na segunda metade.

Lamas adiantou aos locais ao termo da primeira metade e, tras o descanso, o Villalonga desapareceu por completo, cedendo todas as ocasións a un rival que puido facer maior a goleada.

A insistencia dos primeiros minutos do segundo tempo tivo o seu premio cun golpeo de Rodri Parafita, que subiu o 2-0.

A patir de aí, os visitantes non tiveron capacidade de reacción. Baldomar asinou o 3-0 e Carletto estableceu o 4-0 definitivo.

Antes, o Villalonga puido facer gol da honra cunha dobre ocasión, pero nin Marcos nin Héctor acertaron na definición.