Os internacionais do TM Monte Porreiro brillan en Sudamérica e Europa

Pontevedra
13 de xullo 2025
Actualizado: 14:18

Martín Bentancor logrou dous bronces e unha prata no Campeoato Sudamerico de Lima, mentres que Nico Galvano colgouse o ouro no Campionato Nacional que se está disputando en Rosario

Martín Bentancor co Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión masculina fronte ao Priego TM
Martín Bentancor co Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión masculina fronte ao Priego TM / Diego Torrado

Os xogadores do Tenis de Mesa Monte Porreiro continúan pondo o nome de Pontevedra no mapa internacional, con destacadas actuacións en competicións celebradas en Sudamérica e Europa.

Representando á selección arxentina, Martín Bentancor, realizou unha brillante competición no Campionato Suramericano disputado en Lima, Perú.

Bentancor alzouse coa medalla de bronce nas modalidades de equipos e dobres mixtos, sumando ademais unha medalla de prata en dobres masculino.

Pola súa banda, Nico Galvano está actualmente competindo no Campionato Nacional que se celebra en Rosario, Arxentina.

Até o momento, Galvano xa logrou unha medalla de ouro na categoría de dobres mixtos.

A eles súmase tamén a participación de Jiaqi Guo, quen representa a España no Campionato Europeo que se está disputando en Ostrava.

Desde o Tenis de Mesa Monte Porreiro, expresaron a súa "alegría e orgullo" polas actuacións dos seus xogadores nestas citas internacionais.

Finalmente, aseguraron que seguirán "loitando e pelexando por levar o nome de Pontevedra e Monteporreiro por todo o mundo e por levar ao Tenis de Mesa ao lugar que lle corresponde".