O internacional colombiano Santiago Bedoya reforza a primeira liña do Cisne

Pontevedra
19 de xaneiro 2026
Actualizado: 14:29

O club pontevedrés pechou a incorporación do lateral colombiano para cubrir as recentes saídas de Guilherme Linhares e o esloveno Marko Ribic

Santiago Bedoya, novo xogador do Cisne
Santiago Bedoya, novo xogador do Cisne / Club Melilla Balonmano

Primeiro reforzo de inverno para o Club Cisne Balonmán.

O club pontevedrés pechou, segundo a Agencia EFE, a incorporación do colombiano Santiago Bedoya de cara a unha segunda volta do campionato na que se xogará a súa permanencia na División de Honra Prata.

O lateral esquerdo aterra en Pontevedra procedente do Club Melilla Balonmano Virgen de la Victoria da Primeira Nacional, para cubrir as recentes saídas no plantel.

Cabe destacar neste aspecto que Guilherme Linhares pagou a súa cláusula de rescisión ante a oportunidade de xogar na Liga Asobal e tamén causou baixa o esloveno Marko Ribic.

No que respecta a Santiago Bedoya, internacional polo seu país, o lateral de 26 anos sumará no Cisne a súa cuarta experiencia nun equipo español, dando o salto á segunda categoría.

Ademais do Club Melilla Balonmán militou no CB Aguilas e no Pozoblanco.

O recuerzo cisneísta chega co equipo na undécima posición con 13 puntos, pero preto da zona perigosa da táboa.

A próxima xornada os pontevedreses afrontarán ademais o reto de recibir no Municipal o líder da categoría, o Proín Sevilla (sábado 24, 20.00 horas).