A internacional portuguesa Carolina Pedreira, quinta fichaxe do Poio Pescamar

Poio
20 de xuño 2025

Trátase da terceira xogadora procedente do Burela que chega ao equipo vermello para disputar a próxima campaña

Carolina Pedreira (esquerda), no artido entre Marín Futsal e Burela na Raña
Carolina Pedreira (esquerda), no artido entre Marín Futsal e Burela na Raña / Cristina Saiz

Quinta incorporación no Poio Pescamar e terceira procedente do CD Burela FS.

Carolina de Assis Olim Mendonça Pedreira, coñecida como Carolina Pedreira (Cascais, Portugal, 14/04/2002), súmase a Noelia Montoro e Débora Lavrador para formar parte do equipo vermello de cara á próxima tempada.

A internacional lusa formouse no club Quinta dos Lombos antes de unirse ao Sporting de Portugal en 2017.

Alí xogou durante seis tempadas, debutando en Primeira División na campaña 2019/2020 e coa selección portuguesa o 11 de xaneiro de 2022.

A España chegou no ano 2023 para xogar no Marín Futsal para, un ano despois, fichar polo Burela, co que gañou unha Copa da Raíña e unha Copa Galicia.

Coas seleccións inferiores de Portugal, Carolina Pedreira participou en 16 partidos e anotou 11 goles, mentres que coa absoluta acumula 13 tantos en 30 encontros.

Ademais, foi campioa do Mundial Universitario en 2022.

Esta incorporación súmase ás fichaxes de Débora Lavrador, Noelia Montoro, Carolina Bravo e Yanira, así como ás renovacións de Miri, Candela, Elena González, Ale de Paz, Martita, Èlia e Chuli.