Iraia Arbeloa e o Poio Pescamar separan os seus camiños

Poio
06 de xullo 2021

A futbolista navarra non continuará defendendo a camiseta do club conserveiro, e convértese na sexta baixa tras as de Carol Agulla, Silvia Aguete, Antía Pérez, Clara e Mirian 

Iraia Arbeloa, no partido entre o Poio Pescamar e o Ourense Envialia
Iraia Arbeloa, no partido entre o Poio Pescamar e o Ourense Envialia / Cristina Saiz

O Poio Pescamar anunciou este martes que Iraia Arbeloa non segirá no equipo a próxima tempada.

Trátase da sexta baixa no conxunto conserveiro tras as de Silvia Aguete, Carol Agulla, Antía Pérez, Clara e Mirian, confirmado a importante renovación no proxecto que dirixirá Manu Cossío.

En canto a Iraia, a futbolista navarra despídese da Seca despois dunha soa tempada, na que non gozou de demasiado protagonismo en forma de minutos.

A pesar diso "desde a entidade agradecémoslle o seu compromiso e profesionalidade", sinalou o Poio Pescamar.

A entidade vermella conta na actualidade con seis pezas confirmadas para a próxima campaña tras as renovacións Caridad, Irene, Dani Sousa, Luci e Ana Rivera e a fichaxe da gardameta Lucía Paz.