Irene Esteban guía o Waterpolo Pontevedra á vitoria ante CN Molins de Rei

Pontevedra
29 de novembro 2025
Actualizado: 21:30

Un gol de Irene no último minuto deu o triunfo pola mínima ao equipo pontevedrés, que segue líder invicto na clasificación da Primeira División Feminina

Partido entre o Waterpolo Pontevedra e o CN Molins de Rei en Rías do Sur
Partido entre o Waterpolo Pontevedra e o CN Molins de Rei en Rías do Sur / Cristina Saiz

O Waterpolo Pontevedra segue de doce tras sumar un novo triunfo tras imporse pola mínima ao CN Molins de Rei grazas a un gol de Irene Esteban a falta de minuto e medio para o final.

Este resultado permite o club pontevedrés continuar invicto no Grupo B da Primeira División Feminina con sete vitorias consecutivas.

Foi un encontro moi disputado e sufrido, a pesar de comezar moi de cara para as locais, que pecharon o primeiro cuarto cun vantaxe de 5-2.

Ao comezo do segundo, Carmen Rodríguez ampliou a diferenza a 6-2, pero unha serie erros tanto defensivos como ofensivos permitiron a Molins de Rei empatar a 7 no descanso.

Tras o intermedio, Berta Alavedra puxo por primeira vez ás visitantes por diante (7-8), iniciándose entón un período de máxima igualdade e repartición de goles que se mantivo até o último cuarto.

Con todo por decidir, a tensión era máxima, e iso quedou demostrado dentro da auga con penaltis fallados por Andrea Prados e Ainhoa Vizcaíno, e varias exclusións para ambos os dous equipos.

Irene Esteban rompeu a seca anotadora ao aproveitar a superioridade numérica tras a exclusión de Julia Torrás, anotando o 11-10 para o Waterpolo Pontevedra, e Alba Rodríguez ampliou a vantaxe a 12-10.

Un penalti convertido por Nerea Morales e o seu posterior gol tras a exclusión de Esteban valéronlle ao equipo catalán para empatar a pouco máis de minuto e medio para o final, pero Irene Esteban, apenas uns segundos despois, sentenciou cun último gol que deu a vitoria ao equipo lerezano por 13-12.

O bo momento de forma do Waterpolo Pontevedra non pasou desapercibido para a Real Federación Española de Natación, que enviou ao seu director técnico, Rafa Aguilar, a coñecer de preto o traballo do equipo.

Consulta as estatísticas neste enlace