O Poio Pescamar segue aumentando a nómina de xogadoras para a nova tempada. Irene García renova o seu contrato e cumprirá a súa sexta tempada como vermella.
Con só 23 anos de idade, a valisoletana é xa una das máis veteranas de cadro da Seca.
A peche segue aumentando o seu peso no primeiro equipo conserveiro e na recentemente finalizada campaña achegou, ademais de compromiso, traballo e talento, un total de tres tantos.
A renovación de García únese ás de Rocío Gómez, Elena Aragón, Anna Escribano, Martita, Elena, Sandra Buzón e Laura Uña, así como ás fichaxes de Ale de Paz e Karina Pelé.