Irene Trabazo mantense á fronte da Copa de España de ciclocrós despois de catro probas

Marín
04 de novembro 2014

A ciclista júnior marinense firma un triunfo e un segundo posto na dobre cita da pasada fin de semana. Guillermo García, quinto na xeral masculina en idade cadete

Irene Trabazo no podio da primeira proba da Copa de España de Ciclocrós en Oviedo
Irene Trabazo no podio da primeira proba da Copa de España de Ciclocrós en Oviedo

Un mes despois do arranque oficial da tempada de ciclocrós a marinense Irene Trabazo confirmou a súa boa adapción á categoría e, tras o seu paso a júnior, mantense líder da Copa de España despois de catro probas.

Trabazo comanda a clasificación xeral con tres triunfos en catro carreiras que lle deixan con 95 puntos, polos 85 da tamén galega Desiree Duarte.

O último fin de semana comezou para a deportista do Club Ciclista Marín cunha vitoria en Laudio (Álava) ante a súa principal rival, mentres o domingo en Muskiz (Biscaia) a orde se intercambiou cun segundo lugar para Irene.

Pola súa banda o seu compañeiro no club marinense Guillermo García empeza a destacar en categoría cadete e logrou en Laudio subir ao terceiro caixón do podio. García é quinto na xeral con 48 puntos nunha categoría que domina Iván Feijoo, gañador de todas as probas disputadas ata o momento.

Sen perder de vista o principal obxectivo da tempada, o Campionato de España que este ano se disputará en Gijón, ambos os dous ciclistas afrontarán o próximo fin de semana dous novos compromisos da Copa de España de Ciclocrós.