Paso de xigante de Irene Trabazo na Copa de España de Ciclocrós cun dobre triunfo no País Vasco

Marín
12 de novembro 2014

A ciclista marinense gañou con autoridade en Ametzaga de Zuia e Elorrio aproveitando a ausencia do seu principal rival para distanciarse na xeral

Irene Trabajo no podio da Copa de España en Ametzaga
Irene Trabajo no podio da Copa de España en Ametzaga / Real Federación Española de Ciclismo

No seu primeiro ano na categoría júnior Irene Trabazo vai camiño de conseguir o título de campioa da Copa España de Ciclocrós.

Aínda queda moito que pedalear, pero a pasada fin de semana a deportista do Club Ciclista Marín deu un paso de xigante cun dobre triunfo no País Vasco.

Trabazo impúxose con comodidade nas probas disputadas en Ametzaga de Zuia e Elorrio aproveitando a ausencia da súa principal rival ata o momento, Desirre Duarte.

Cos 50 puntos logrados esta fin de semana a marinense abre un oco de 49 coa súa inmediata perseguidora, que pasa a ser Paula Díaz (96), polos 85 de Duarte.

Por outra parte o seu compañeiro de equipo Guillermo García asinou unha décimo sétima e unha sexta praza respectivamente e sitúase no sétimo posto da xeral en categoría cadete.

A sétima proba puntuable da Copa de España disputarase en dúas semanas en Navia.