Irene Trabazo recupera o liderado da Copa de España de Ciclocrós a falta dunha carreira

Marín
08 de decembro 2015

A ciclista marinense gañou en Igorre a súa sexta proba da tempada e empata a fronte da clasificación con Sofía Rodríguez cando só falta por disputarse unha proba

Irene Trabazo no podio da Copa de España en Igorre
Irene Trabazo no podio da Copa de España en Igorre / Real Federación Española de Ciclismo

Final de infarto o que terá a Copa de España de Ciclocrós na súa categoría junior feminina, na que Irene Trabazo loita polo triunfo.

A ciclista marinense recuperou o liderado da xeral tras impoñerse en Igorre na sétima e penúltima proba puntuable.

Trabazo foi superior aos seus rivais e marchouse en solitario para lograr o triunfo por diante da valenciana Sofía Rodríguez, a súa principal rival, que chegou a 58 segundos. Completou o podio Isabel Martín a 1:58.

Na xeral, a pesar da sanción de 25 puntos que arrastra, a ciclista do Marín-Ottoman é agora primeira con 125 puntos, os mesmos que Rodríguez, aínda que con maior número de vitorias, polo que todo decidirase na última carreira da Copa de España.

Será o próximo 13 de decembro no XX Ciclocross Internacional Ciudad de Valencia.