O Marín Futsal blinda a súa portería cun novo reforzo.
Trátase de Iria Varela, xove promesa que cambia o poio Pescamar polo equipo da Raña seguindo os pasos de Lucía Paz. En Marín coincidirá ademais co seu excompañera Silvia Aguete.
"A fichaxe de Iria é unha clara aposta de futuro para ter a portería ben cuberta durante varios anos", asegura a entidade do Morrazo.
A súa chegada ao Marín Futsal achega ademais o peche do plantel para o segundo proxecto na elite, ao ser xa 14 as futbolistas confirmadas ao unirse ás fichadas Ale de Paz, Lara Balseiro, Bea Mateos, Nuria Rodríguez e Lucía Paz e as renovadas Cecilia Puga, Marta Gago, Inés Mayán, Café, Silvia Aguete, Pau García, María León e Adriana García.