É a gran cita do ano no atletismo e alí estarán dous irmáns pontevedreses.
Antía e Daniel Chamosa foron incluídos na preselección oficial da Selección Española de Marcha para o Campionato do Mundo de Tokyo.
A cita mundialista celebrarase aínda no mes de setembro, do 13 ao 21 do citado mes, pero a Real Federación Española de Atletismo (RFEA) empezou a desvelar os nomes dos atletas que cumpriron criterios para participar na maior competición da tempada.
No que respecta á marcha son 15 os atletas (6 homes e 9 mulleres) os que cumpriron os criterios establecidos polo seleccionador nacional, José Peiró, e a dirección deportiva da RFEA.
Antía Chamosa, flamante campioa de España esta tempada en 20 e 35 quilómetros e cuarta no Europeo por Equipos de Podebrady nos 20 quilómetros, é unha das catro atletas preseleccionadas precisamente na distancia olímpica, os 20 quilómetros.
Figura na lista xunto á medallista en París 2024, María Perez, e xunto a Laura García-Caro e Paula Juárez.
No que respecta a Dani Chamosa, gañou o dereito a debutar nun Mundial nos 35 quilómetros marcha como terceiro mellor marquista español.
Nesta proba aparecen tamén o recordman nacional Miguel Ángel López, ouro mundial en 2015, e Manuel Bermúdez.
El Road to @WATokyo25 de #EspañaAtletismo empieza hoy 🤩
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) June 11, 2025
Marcha y maratón con campeones olímpicos, mundiales y europeos al Mundial de Tokio 😮💨
Conoce a los primeros 1️⃣5️⃣ atletas (9 🚺 y 6 🚹) que irán cargados de #PasiónPorCompetir a la gran cita del año 🌎
Preselección 🔗… pic.twitter.com/UVOMUic4ww