Iván García e Sergio Troitiño levan o ouro no Open de Suecia de taekwondo

Marín
14 de novembro 2023

Os deportistas do Mat's de Marín triunfaron a fin de semana no open internacional celebrado na capital sueca, Estocolmo

Sergio Troitiño e Iván García coas medallas de ouro conseguidas no Open de Suecia (arquivo)
Sergio Troitiño e Iván García coas medallas de ouro conseguidas no Open de Suecia (arquivo) / Federación Galega de Taekwondo

Grandes resultados para o Mat's de Marín en Open de Suecia de Taekwondo celebrado na localidade de Estocolmo.

O club marinense sumou dúas medallas de ouro na competición internacional da man de Iván García (+87) e Sergio Troitiño (-87 quilos).

Para Iván era o seu último test antes de afrontar a final do Grand Prix a principios de decembro en Manchester, e non puido resultar máis positivo. Para alzarse co ouro superou no seu primeiro combate con autoridade o belga Manuel Pollet, mentres que na final venceu o croata Edijan Secic en tres asaltos.

Pola súa banda Sergio Troitiño impúxose na semifinal ao alemán Kasra Mehdipournejad e na final foi mellor que o brasileiro e medallista mundial Icaro Martins.