O taekwondista Iván García (+87 quilos) dixo adeus ao Campionato do Mundo de Bakú tras caer eliminado en dezaseisavos.
O galego, que fixera unha tempada brillante no ano 2022 proclamándose subcampión do mundo e de Europa, non puido aspirar a defender a súa medalla ao perder no primeiro combate por 2-0 ante o coreano Yoon min Bae, claro dominador do primeiro asalto (2/7). No segundo xogou co marcador e o crono para pesar do empuxe rival para superalo por 1/4.
Iván García foi intervido no mes de xaneiro tras sufrir unha rotura de menisco mentres adestraba en Mallorca, é o número 2 na clasificación de Taekwondo e ten en xogo a súa clasificación para os Xogos Olímpicos de París 2024.
A participación española no Mundial de Bakú pechouse con catro medallas: unha prata conseguida por Hugo Arillo (-54 quilos) e os tres bronces de Adrián Vicente (-58 quilos), Adriana Cerezo (-49 quilos) e Joan Jorquera (-63 quilos).