Iván Raña e Jaime Duro, padriños da sexta edición da carreira CorreXCáritas

Pontevedra
12 de novembro 2025
Actualizado: 12:31

A proba deportiva solidaria celebrarase o vindeiro domingo 16 de novembro con saída na Avenida Montero Ríos de Pontevedra

Quinta edición da carreira CorreXCáritas

Deporte e solidariedade da man.

A parroquia Virxe do Camiño organiza este domingo 16 de novembro a sexta edición da carreira CorreXCáritas.

O evento solidario aspira a congregar a preto dun milleiro de deportistas nun percorrido urbano de apenas 2,6 quilómetros e apto para todos os públicos.

Farao nesta ocasión co obxectivo de recadar fondos para finalizar o centro 'Santa Ana', unha instalación pioneira que permitirá refacer a súa vida a mulleres en risco de exclusión social.

Dous deportistas de éxito como o extriatleta Iván Raña e o piragüista Jaime Duro, ambos os dous campións mundiais, serán os padriños da carreira CorreXCáritas 2025, sucedendo ao capitán do Pontevedra Club de Fútbol, Álex González, embaixador da pasada edición.

A proba ten prevista a súa saída ás 10.30 horas da mañá desde a Avenida Montero Ríos de Pontevedra.