Jaime Duro consegue praza para as Copas do Mundo tras imporse no selectivo de Verducido

Pontevedra
11 de abril 2026

O pontevedrés logrou o primeiro posto na proba de C1 5000 celebrada este venres no Pontillón do Castro. Jaime Duro asegúrase a praza para as Copas do Mundo de Hungría, Alemanía e Canadá

Jaime Duro no selectivo nacional celebrado en Verducido

A xornada de peche do selectivo nacional celebrado en Verducido culminou coa mellor das noticias para o pontevedrés Jaime Duro, que se impuxo este venres na proba de C1 5000 con porteos.

O padeeiro pontevedrés, que partía como favorito para a proba, logrou cruzar en primeiro lugar a liña de meta cun tempo de 24:28,52. Xunto a el competiron Noel Domínguez (Club Fluvial Lugo) e Manuel Garrido (Kaiak Tudense), que non puideron seguir o ritmo do lerezano máis aló da primeira volta.

E é que ambos optaron por retirarse ao pouco de superar o primeiro terzo de carreira ante a imposibilidade de alcanzar a un Jaime Duro que non tivo oposición.

O deportista do Club Fluvial Lugo cumpriu coas expectativas e logrou así a vitoria que lle outorga a clasificación para as Copas do Mundo que se celebrarán en Szeged, Brandeburgo e Montreal.

A proba que inaugurou a xornada foi a categoría feminina da mesma modalidade. Nesta ocasión si houbo unha maior igualdade entre Nerea Novo (Cluh Náutico Pontecesures) e María Martín (Club Escola Piragüismo Aranxuez).

Tras un man a man que se alargou durante dúas voltas, María Martín conseguiu distanciarse o suficiente para terminar vencendo cun tempo de 28:42,43 que a clasifica para representar a España nas Copas do Mundo. Nerea Novo concluíu segunda cun tempo de 29:41,32.

Tras concluír as probas de C1 foi quenda para o 5000 de K1 con porteos, unha modalidade que arrincou unha gran carreira protagonizada polas padeeiras da categoría feminina Estefanía Fernández, Begoña Lazkano, Miriam Vega e Eva Barrios.

E é que aínda que tango Begoña como Miriam puxéronse na cabeza nalgún momento da carreira, finalmente foi a emeritense Estefanía Fernández quen logrou a primeira posición cun tempo de 24:29,79. Begoña terminou segunda (24:31,05) e Miriam cruzou terceira a liña de meta (24:40,07).

Selectivo de Sprint del 5000 con porteos celebrado en VerducidoRFEP

Para terminar este selectivo nacional de Sprint Olímpico foi quenda para a proba masculina da mesma categoría, K1 5000. Nesta ocasión a igualdade volveu ser a nota predominante nunha proba que concluíu co asturiano Javier López como vencedor (21:54,09).

A súa vitoria chegou tras un apretadísimo sprint final que deixou a Adrían Martín como segundo (21:55,64) e a Pedro Vázquez pechando o podio na terceira praza (21:55,72).

En canto ás Copas do Mundo, cabe destacar que aqueles padeeiros que logren medalla en dúas do tres campionatos terán a súa praza asegurada para o Mundial de Pozman. Pola contra, poderán optar a clasificarse nun novo selectivo que terá lugar no próximo mes de xullo.

O Pontillón do Castro continuará sendo protagonista ao longo deste fin de semana, nesta ocasión coa celebración de 1ª Copa de España de Sprint Olímpico 2026.