Jaime Duro estrea cun ouro o medalleiro na armada pontevedresa no Europeo de Piragüismo Maratón

Pontevedra
06 de xuño 2025
Actualizado: 12:40

O Campionato de Europa de Piragüismo Maratón 2025 deu comezo este xoves na localidade portuguesa de Ponte de Lima coa primeira medalla de ouro para a delegación pontevedresa

Jaime Duro, coa medalla de ouro conseguida na proba curta do Europeo de Maratón RFEP

Gran estrea da armada pontevedresa no Campionato de Europa de Piragüismo Maratón que este xoves arrincou na localidade portuguesa de Ponte de Lima.

A punta de lanza desa gran posta en escena foi Jaime Duro (EP Ciudad de Pontevedra), ao lograr a medalla de ouro na proba curta sénior masculina de canoa.

O pontevedrés dominou de principio a fin para facerse co título europeo cun tempo de 15:10.58.

Segundo foi o polaco Mateusz Zuchora (15:27.18) e o seu compatriota Mateusz Borgiel foi terceiro (15:30.90).

Jaime Duro, tras gañar o ouro na proba curta do Europeo de MaratónRFEP

En cuarta posición, a só 10 segundos do podio, entrou o grovense Tono Campos (Breogán), cun tempo de 15:40.02.

Destacada foi tamén a quinta praza conseguida por Jaser Silva (Breogán do Grove) no C-1 xuvenil, proba na que o galego Héctor Vázquez (Club Fluvial de Lugo) foi prata.

O Campionato de Europa de Maratón contiuará a súa actividade con diferentes categorías e probas até o vindeiro domingo 8 de xuño.