Gran inicio para o piragüismo pontevedrés no Campionato de Europa de Piragüismo Maratón que este xoves arrincou na localidade romanesa de Ploiesti.
Jaime Duro, padexeiro da Boa Vila que compite polo Fluvial de Lugo, sumou a primeira medalla de ouro da armada pontevedresa ao imporse na proba curta do C1.
Fíxoo ademais sobrepoñéndose a unha penalización de 15 segundos.
A pesar diso o pontevedrés dominou a proba e venceu con marxe ao cruzar a meta cun tempo de 15:44.06, sumada a penalización.
Segundo e medalla de prata foi o portugués Rui Lacerda (15:58.94) e terceiro o moldavo Mihai Chihaia (16:06.28).
🥇¡¡JAIME DURO ES CAMPEÓN DE EUROPA!!
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) June 25, 2026
❌Tenía que remontar 15 segundos por una penalización… ¡¡y recortó 30’!!
😱𝐁𝐑𝐔 𝐓𝐀𝐋#SomosPalistas #CanoESP pic.twitter.com/H4tvjIYnmM
Duro, campión do mundo no maratón curto, revalida desta forma o título continental logrado nesta especialidade hai un ano en Portugal.
Non foi en todo caso a única alegría da delegación pontevedresa.
Mateo Lago, canoísta júnior da EP Ciudad de Pontevedra, tamén subiu ao podio na súa categoría.
No seu caso Lago completou a proba cun tempo de 17:08.62, levando un gran bronce só superado polo portugués Gabriel Fernandes (16:56.67), ouro, e o húngaro Hunor Haris (17:01.26), prata.
¡Mateo Lago 𝐬𝐞 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐞𝐧𝐚 𝐜𝐨𝐧 𝐄𝐬𝐩𝐚𝐧̃𝐚🇪🇸!
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) June 25, 2026
🥉Medalla de bronce en C1 Junior en el Maratón Corto.#SomosPalistas #CanoESP pic.twitter.com/sumvxN96ht