Javi Llorente seguirá como adestrador 'peixe' unha tempada máis

Marín
02 de abril 2016

O club marinense anuncia a renovación do seu adestrador, artífice do histórico ascenso á liga LEB Ouro. Llorente integrarase ademais na planificación e coordinación de todos os equipos da base

Ascenso do Peixe Galego a LEB Ouro
Ascenso do Peixe Galego a LEB Ouro / Diego Torrado

Recoñecía o presidente do Peixe Galego, Luís Santiago, horas despois do ascenso á LEB Ouro, que "no me imagino el equipo sin Javi Llorente"

Pois dito e feito, unha semana despois de asegurar o título de liga o club marinense confirmou a continuidade do seu adestrador.

Javi Llorente será un ano máis o responsable do banco 'peixe', pero ademais integrarase na planificación e coordinación do equipo técnico de todas as categorías inferiores.

Con esta renovación o técnico cumprirá dez anos na disciplina do club, ao que chegou no ano 2007 como xogador na liga EBA e empezouse a formar como adestrador na base tras a súa retirada ata a súa chegada ao primeiro equipo.