Javi Llorente valora a súa dimisión: "Es una decisión muy difícil porque es el club que siento y que quiero"

Marín
26 de febreiro 2020

O adestrador do Peixe Galego durante o últimos oito tempadas compareceu este mércores en rolda de prensa para explicar a súa decisión de deixar o banco da Raña a metade de tempada e mostrar todo o seu apoio ao seu substituto, Diego Gómez

Javi Llorente, no partido entre Peixe Galego e Zornotza na Raña
Javi Llorente, no partido entre Peixe Galego e Zornotza na Raña / Diego Torrado

Acompañado do que será o seu substituto no cargo, Diego Gómez, e da presidenta do Peixe Galego, Rebeca  Simes. Así compareceu este mércores en rolda de prensa o que foi adestrador do club marinense durante o últimas oito tempadas, Javi Llorente, para explicar os motivos polos que decidiu deixar o banco da Raña.

"Es una decisión para mí muy difícil porque es el club que siento y que quiero", asegurou o técnico leonés, que foi tomada en consenso tanto do club como do seu axudante e agora novo adestrador.

Todo iso baseado en algo "personal, es una cuestión mía de tiempo que ahora mismo siento y creo que necesito. En cierta medida después de tantos años es un paso que es necesario y que el club debía dar, aunque me gustaría que hubiese sido en otro momento", recoñeceu.

O que non tivo que ver, mantén Llorente, é o momento deportivo do equipo, último clasificado da Liga LEB Ouro, ao tratarse dun ano "que estamos disfrutando" na segunda categoría do baloncesto nacional: "No es ni mucho menos una decisión que se tome por un tema de resultados, porque nosotros si algo tenemos aquí en el club y personalmente estoy orgulloso es de tener una misma línea de trabajo y no basar decisiones de club en función de resultados, sino siempre mirando a un medio y largo plazo", argumentou o ata o de agora adestrador e que seguirá ligado ao club "en otra faceta implicado al 100% como siempre he hecho". Esa tarefa será a de "echar una mano a nivel técnico, de dirección deportiva".

Desta forma o paso dado non supón a súa desvinculación do Peixe Galego xa que "va a quedar mucho Peixe para mí afortunadamente".

Javi Llorente mostrou ademais todo o seu apoio a Diego Gómez "que es una persona que conoce el club, sé también su implicación y el club va a seguir exactamente igual", sinalou ante os xornalistas presentes.

Foi precisamente Diego Gómez o encargado de pechar a comparecencia asumindo o reto que se lle presenta "con mucha ilusión y con muchas ganas" e avanzando que "no va a haber grandes cambios, estoy 100% de acuerdo con lo que se estaba haciendo y va a ser una línea totalmente continuista".