Javi Santana seguirá defendendo a portería do Teucro en Asobal

Pontevedra
29 de maio 2017

A SD Teucro segue avanzando no deseño do persoal coa que afrontar o seu regreso á máxima categoría do balonmán español, a liga Asobal. O club chegou a un acordo co porteiro canario Javi Santana para prolongar o seu contrato durante unha tempada máis

Santana detén un penalti no partido entre Teucro e Palma del Río
Santana detén un penalti no partido entre Teucro e Palma del Río / Cristina Saiz

A SD Teucro segue avanzando no deseño do persoal coa que afrontar o seu regreso á máxima categoría do balonmán español, a liga Asobal. O club chegou a un acordo co porteiro canario Javi Santana para prolongar o seu contrato durante unha tempada máis.

Santana, que chegou o verán pasado procedente do BM Vila de Aranda, defenderá a portería pontevedresa xunto a Jorge García Lloria. Ambos formarán un dúo de garantías.

Javi Santana, que está na súa segunda etapa como xogador da SD Teucro, militou na liga Asobal durante 7 tempadas e móstrase moi feliz coa renovación.

"Estou moi contento de seguir na SD Teucro despois de conseguir o ascenso. Tiña claro que quería seguir en Pontevedra e espero axudar a conseguir a permanencia en Asobal", explicou. 

Con esta renovación de Javi Santana xa son sete os xogadores azuis que teñen contrato en vigor para a próxima tempada.