Jessica Bouzas cae ante a alemá Tamara Korpatsch en cuartos do WTA 125k de Valencia

O Salnés
17 de xuño 2023

Amargo final do WTA 125k de Valencia para a vilagarciá Jessica Bouzas, que caeu de forma contundente en cuartos de final ante a alemá Tamara Korpatsch (6-1 e 6-3). Bouzas, xunto a Guiomar Maristany Zuleta tamén perdeu nas semifinais de dobres contra Andrea Gamiz e Aliona Bolsova (7-6(3) e 6-1)

Jessica Bouzas no WTA 125k de Valencia
Jessica Bouzas no WTA 125k de Valencia

Amargo final do WTA 125k de Valencia para a vilagarciá Jessica Bouzas, que caeu de forma contundente en cuartos de final ante a alemá Tamara Korpatsch (6-1 e 6-3). 

Mostrouse sólida ao comezo do encontro a española, que devolvía sen problemas cada golpe de Korpatsch. Con todo, a alemá aos poucos foi máis agresiva e pasou a dominar todas as accións, minando animicamente a Bouzas, que se desinflou por completo para ceder no primeiro set por 6-1.

Buscou manterse con vida no segundo e con actitude foi capaz de manterse con vida, polo menos nos primeiros xogos. Arriscou e buscou sorprender á súa rival pero foi incapaz, e a potencia e a velocidade da alemá non a deixaron meterse no partido e eliminouna con 6-3 no set definitivo.

Jessica Bouzas, xunto a Guiomar Maristany Zuleta, tamén perdeu este domingo nas semifinais de dobres contra Andrea Gamiz e Aliona Bolsova (7-6(3) e 6-1).