Pau para Jéssica Bouzas no primeiro Grand Slam do ano, o Open de Australia.
A tenista arousá dixo adeus ao torneo ao primeiro de vez ao caer na madrugada deste luns fronte á local Storm Hunter, que chegaba á cita no posto 367 do ranking mundial.
Bouzas gozou de vantaxe a favor nos dous sets do partido, pero non logrou mantela cedendo ambas as dúas mangas por 6-4.
Todo iso en 1 hora e 26 minutos de xogo.
A derrota supón unha freada ás aspiracións da deportista de Vilagarcía, que arrancaba o ano no posto 40 da clasificación WTA.
Non poderá manterse nese Top-40 ao non defender a segunda rolda alcanzada a pasada tempada en Australia.
Naquela ocasión Jéssica vencera en primeira rolda á británica Sonay Kartal e perdera no seu segundo encontro contra a número un do mundo, a bielorrusa Aryna Sabalenka.