Óscar Seoane 'Jimmy' inicia a conta atrás para a súa volta aos terreos de xogo tras pasar polo quirófano este martes no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez.
O lateral zurdo do Pontevedra Club de Fútbol foi sometido a unha artroscopia no seu xeonllo dereito debido á rotura do corno posterior do menisco interno, lesión que xunto a unha escordadura de grao II no ligamento lateral interno produciuse no partido ante o San Sebastián de los Reyes en Pasarón.
"El doctor me dijo que todo bien", recoñeceu o futbolista en relación ao médico do club, o doutor Barragáns.
Animado tras a intervención Jimmy explicou que, sen tempo que perder, comezará a rehabilitación o vindeiro xoves.
O seu período de recupración estimada mantense ao redor os dous meses, pero "espero que en menos de ocho semanas esté ya jugando", sinalou con optimismo o xogador.