José Luis Mariño dálle ao Froiz o seu primeiro triunfo da tempada

Pontevedra
23 de marzo 2016

Fíxoo en solitario tras vencer na Volta a Mexicali, que se disputou na Baixa California. O ciclista do Froiz está a mellorar a súa preparación entre México e California, onde afronta de paso un amplo calendario de carreiras

José Luis Mariño, ciclista do Froiz
José Luis Mariño, ciclista do Froiz

Está chamado a ser un dos homes importantes esta tempada no Supermercados Froiz, ao que de momento xa lle deu o seu primeiro triunfo do ano.

José Luis Mariño adxudicouse a Volta a Mexicali, na Baixa California, vitoria que estrea o marcador do Froiz en 2016.

Mariño afina a súa preparación concentrado en México e California, onde de paso participa nunha serie de carreiras en solitario.

Na Volta a Mexicali o ciclista do equipo pontevedrés adxudicouse a clasificación xeral e tamén dúas gañou dúas das etapas. Na primeira xornada, con percorrido chairo de 140 quilómetros, foi protagonista cunha escapada a falta de cinco quilómetros, pero foi cazado nos últimos metros debido a unha picada.

O corredor do Froiz vingouse na segunda etapa, con chegada en alto, na que se impuxo con 30 segundos de vantaxe sobre Mario Zamora, do equipo Stage 2, e completou na terceira e última xornada, nunha circuitada, na que cruzou primeiro a liña de meta con cinco segungos de renda sobre o pelotón.