O presidente do Pontevedra Club de Fútbol, José Manuel Fernández, asegurou este venres en rolda de prensa que "ayer hemos hecho transferencias a plantilla y empleados y la próxima semana continuaremos" para así chegar a regularizar unha situación que levou aos xogadores do primeiro equipo a suspender o adestramento do pasado mércores.
Fernández explicou que cos pagamentos acometidos estes días "a la plantilla se le debe ahora febrero", mentres no caso dos empregados do club "en este momento están pagados hasta noviembre y alguno incluso hasta febrero", recordando que "cando cheguei en xullo me encontrei cunha débeda de sete meses".
A cabeza visible do Consello de Administración granate engadiu que "el viernes pasado le expliqué a la plantilla que el tema se solucionaba esta semana", recalcando que agora segundo o seu parecer, touca "que estén tranquilos y pendientes de lo que tienen que hacer, ganar partidos y cumplir el objetivo".
José Manuel Fernández: "El Pontevedra paga, pero tenemos unos tiempos"
En relación á débeda que se acumulaba, de tres e catro meses segundo o caso, José Manuel Fernández quixo revelar que "durante mes y medio he estado todos los viernes con la plantilla para explicarles la situación y que estuviesen tranquilos porque el Pontevedra paga, pero tenemos unos tiempos".
ACORDO CON FENOSA E AMPLIACIÿN DE CAPITAL
Entre o resto de asuntos desvelados por Fernández, que compareceu acompañado dos conselleiros Alberto Argibay, José Antonio Millán e Luis Durán, encóntrase o acordo ao que chegou o club con Gas Natural Fenosa para que continúe subministrando enerxía ao Estadio Municipal de Pasarón.
Este acordo, tras o corte de luz do pasado mes de xaneiro, terá un ano de vixencia e permitirá "usar la iluminación nocturna sin casi coste", polo que o equipo granate recuperará a opción "de jugar a otros horarios evitando coincidencias con otros eventos", sinalou Fernández.
Por outro lado, o Consello de Administración decidiu continuar coa ampliación de capital sen realizar cambios, polo que a próxima semana se enviará o anuncio pertinente no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil iniciando o proceso.
Descártase pois convocar unha xunta de accionistas extraordinaria para modificar os termos da ampliación tras a negativa do administrador concursal a transformar en accións a débeda consecuencia da poxa dos terreos de Barro, propiedade de Inmobiliaria Nino Mirón.