Substitución na presidencia do Poio Pescamar.
Juanjo García Camiño, cofundador da entidade conserveira e máximo dirixente durante anos da entidade, dá un paso a un lado "por motivos persoais", confirma o club.
O seu posto desde este xoves 21 de marzo asumiuno Olalla Folla Barros, que exercía de tesoureira na xunta directiva, tal e como se acordou na asemblea de socios celebrada o pasado 8 de febreiro.
Debido a este movemento o posto de tesoureiro do Poio Pescamar pásao a ocupar agora José Antonio Nacemento Mayáns, permanecendo sen cambios o resto da directiva.
"Enviamos un profundo agradecemento ao labor de Juanjo durante tantos anos, así como o desexo de toda a sorte como presidenta para Olalla", sinalou o Poio Pescamar.