O Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra converteuse este fin de semana no epicentro do karate estatal, acollendo a Gran Final da Liga Nacional e Liga Iberdrola de kárate e para-kárate, unha cita que reuniu a preto de mil deportistas de 261 clubs de toda España.
A competición, que se desenvolveu do 13 ao 15 de decembro, contou coa presenza de figuras destacadas do panorama internacional como Sergio Galán e Raúl Martín, medallistas de bronce mundiais, a subcampioa do mundo Paola García, e a campioa mundial por equipos Indira Zúñiga.
A representación galega, con 23 deportistas procedentes de 10 clubes diferentes, deixou unha pegada notable no medalleiro.
Especialmente salientable foi a actuación do Club San Francisco Teo, que acadou dous ouros Grand Winner grazas a Ruth Lorenzo Couso en kumite sénior -55 kg e Olivia Parga García en kumite xuvenil -37 kg.
Medalleiro galego destacado:
-
Medallas de ouro:
Ruth Lorenzo Couso (San Francisco Teo) - Kumite sénior -55 kg
Olivia Parga García (San Francisco Teo) - Kumite xuvenil -37 kg
-
Medallas de prata:
Eva Rodríguez Loredo (San Francisco Teo) - Kumite sub-21 -50 kg
Iria Enríquez Cortón (Escola Deportiva Shihan) - Kumite infantil -30 kg
-
Medallas de bronce:
Eliseo Penabad Fernández (Grupo Bazán) - Kumite Máster 51-60 anos/-75 kg
Marta González Rodríguez (Grupo Bazán) - Kata Máster 46-50 anos
Eva Rodríguez Loredo (San Francisco Teo) - Kumite sénior -50 kg
Uxía Piñeiro Marcuño (Escola Superior de Kárate de Narón) - Kumite cadete -54 kg
A Escola de karate Gimsport de Pontevedra estivo representada por tres deportistas: Ariadna Álvarez Guadarrama en kata alevín, que caía na segunda eliminatoria; Vera Quintás García en kata benxamín, que acadou un meritorio 5º posto; e Mateo Quintás García en kata infantil, que non logrou superar a repesca da primeira eliminatoria.
O karate galego xa ten a súa próxima cita o vindeiro 28 de decembro en Ferrol, onde se celebrará a primeira xornada da Liga Galega de Kárate, inaugurando así a nova tempada competitiva.