A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, e máis concretamente o seu Laboratorio de Rendemento, Condición Física e Benestar, é todo un aliado para o deporte pontevedrés.
Un claro exemplo diso son dúas promesas do atletismo galego e nacional como Hugo Casañas e Andrea Capéans, ambos os dous tutelados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva por un cinco veces olímpico como Frank Casañas.
Tanto Hugo como Andrea sométense desde hai un tempo a evolucións periódicas para medir a súa potencia, velocidade ou mobilidade articular.
Grazas a iso poden optimizar os seus plans de adestramento co obxectivo de previr lesións e que "crezan adecuadamente para que poidan competir a alto nivel", afirma o decano da facultade, Óscar Graña.
Frank Casañas, responsable do grupo de lanzamento do Centro Galego de Tecnificación Deportivam explica que este traballo achega "sobre todo, moita información", ao ser un "seguimento bastante exhaustivo" que posibilita que os propios lanzadores teñan unha "información detallada de en que momento están e de todo que teñen que facer para manterse en óptimas condicións".

Trátase dun traballo que permite ademais "mirar sempre a medio e longo prazo".
A iso contribúen tamén obxectivos como o que se marcaron a nivel competitivo tanto Hugo Casañas como Andrea Capeáns, participar nos Xogos da Mocidade, unha competición que se celebra cada catro anos para deportistas de entre 14 e 18 anos e que en 2026 en Dakar, capital de Senegal.
O Laboratorio de Rendemento ten previsto ampliar o seu estudo cunha terceira promesa do atletismo e dos lanzamentos, Aixa Corbacho.