Lara Lois e Marcos Mayo, vencedores do X Dúatlon Cros Concello de Poio

Poio
24 de xaneiro 2016

Samieira acolleu unha competición na que participaron este domingo 83 deportistas, na que era a segunda cita do Campionato Galego

X Dúatlon Cros Concello de Poio
X Dúatlon Cros Concello de Poio / Diego Torrado

Nun día perfecto para a práctica deportiva, con sol e temperaturas agradables, Samieira gozou a décima edición do Dúatlon Cros Concello de Poio.

Un total de 83 atletas participaron nunha proba que supoñía a segunda parada do circuíto galego e contaba cun percorrido de 6 quilómetros a pé, 19,5 en bicicleta e 3 quilómetros de novo de carreira, con saída desde o campo de fútbol.

Na proba masculina o máis rápido foi Marcos Mayo (Tríatlon O Treito) cun tempo de 1:35:02, seguido de David Calzas (Costa da Morte) e Bruno Daniel da Silva, segundo e terceiro respectivamente.

Pola súa banda Lara Lois (GV Sports) foi a gañadora en categoría feminina cun rexistro de 1:59:48 tras dominar a proba desde o inicio. Segunda, a moita distancia, foi María Martínez.

Completaron a nómina de gañadores Alejandro González (Trinorth-Nogasa) en veteranos e o Tríatlón O Treito na clasificación por equipos.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora