O Leis regálase recibir un equipo de Segunda División na Copa do Rei

Pontevedra
08 de outubro 2025
Actualizado: 17:25

O conxunto pontevedrés dobregou con esforzo ao Atlético Benavente no pavillón do Carrasco, en Marcón, e avanza á terceira rolda do torneo copeiro

Santi Valladares, no partido de fase de ascenso a Segunda entre o Leis e o Albense
Santi Valladares, no partido de fase de ascenso a Segunda entre o Leis e o Albense / Cristina Saiz

A tempada do Stellae Leis Pontevedra segue a ser de pleno até o momento.

Á súa traxectoria inmaculada en liga, con catro triunfos no catro primeiras xornadas da Segunda División B, o conxunto pontevedrés engadiu unha nova muesca na Copa do Rei coándose na terceira rolda do torneo.

O xogadores adestrador por Santi Valladares recibiron este martes no pavillón do Carrasco, en Marcón, un rival da súa categoría como o Atlético Bevanevente.

"É un equipo con auténticos xogadorazos", destacaba tras o choque o técnico local.

"O partido tivo diversas fases. Na primeira parte dominamos nós, noutras dominaron máis eles sobre todo cando inciorporaron o 5 para 4. Logo na segunda parte fomos facéndonos donos do partido, puidemos enchufar eses dous goles que nos puxeron por diante e logo o terceiro co 5 para 4. Creo que foi un partido completo tanto a nivel ofensivo como defensivo, moi orgulloso do equipo", explicou Valladares.

Foron os visitantes os que se adiantaron, no inicio da segunda metade, remontando o Leis con goles de Iván Domínguez no minuto 31, Said no 42 e Mario Paz no 45 para pór o definitivo 3-1.

Co triunfo os pontevedreses garántense recibir na próxima rolda un equipo de superior categoría, concretamente da Segunda División.

Será unha eliminatoria de novo a partido único o 28 ou 29 de outubro no que poden cruzarse con: Heredia 21 Málaga, Levante UD, CD El Ejido Futsal, Unión África Ceurí, Entrerríos Zaragoza, CD Leganés, Sala 5 Martorell, UD Ibiza, Melistar Futsal, CFS Pinatar, CD Burela, AD Sala 10, Tafa FS, Móstolores FS ou Jaén.

De seguir avanzando, será en cuarta rolda cando entren en competición os equipos da máxima categoría.