Leve respiro do Ribadumia tras golear (3-0) ao Silva

O Salnés
13 de decembro 2015

Despois de catro derrotas consecutivas e oito xornadas sen coñecer a vitoria, o Ribadumia puxo fin á súa mala xeira de resultados que lle levaban a unha delicada situación no último posto da táboa, e fíxoo de forma convincente, goleando a Silva nun partido que resolveu moi pronto o cadro local

Changui nunha acción do partido entre Ribadumia e Boiro na Senra
Changui nunha acción do partido entre Ribadumia e Boiro na Senra / Diego Torrado

Por fin. Despois de catro derrotas consecutivas e oito xornadas sen coñecer a vitoria, o Ribadumia puxo fin á súa mala xeira de resultados que lle levaban a unha delicada situación no último posto da táboa, e fíxoo de forma convincente, goleando a Silva nun partido que resolveu moi pronto o cadro local.

Certo é que a gran maioría das derrotas do equipo de Sierra producíronse pola mínima, e en todas elas o equipo aurinegro viuse penalizado pola súa falta de acerto ante a portería rival, o que daba esperanzas de que o rumbo podía cambiar en calquera momento, e fíxoo fronte ao equipo coruñés, que se presentou na Senra como unha das revelacións da tempada, capaz de gañar, por exemplo, no sempre complicado escenario de O Roxo ao Cerceda.

O Ribadumia foi efectivo esta vez e ademais conseguiu romper o partido con dous goles dos chamados psicolóxicos, o primeiro no último minuto do primeiro tempo, por medio de Hugo Jiménez, e o segundo aos catro minutos da continuación, obra de Julio Rey.

Co partido encarrilado, cando se cumpría a hora de xogo Changui non quixo faltar á súa habitual cita co gol, facendo o terceiro e definitivo, que deixaba ao equipo coruñés sen capacidade de resposta.

Consulta aquí a acta do partido.