Licitadas as obras para crear tres pistas de pádel na Montesiña

Soutomaior
16 de xuño 2026
Actualizado: 18:42

A actuación permitirá transformar a actual pista de tenis por tres novas pistas de pádel

Complexo deportivo da Montesiña en Soutomaior
Complexo deportivo da Montesiña en Soutomaior / Concello de Soutomaior

Paso adiante para habilitar tres novas pistas de pádel en Soutomaior.

O Concello publicou a licitación das obras, que contarán con financiamento da Deputación a través do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e do Plan +Provincia.

Esta actuación permitirá transformar a actual pista de tenis situada na parte baixa do recinto da Montesiña en pistas de pádel.

Ademais ampliarase a bancada lateral e adaptarase a cuberta ás novas dimensións da superficie de xogo.

"Supón un paso importante para consolidar a Montesiña como un referente deportivo no municipio", explicou o alcalde, Manu Lourenzo.

"O pádel é unha disciplina cunha demanda crecente en Soutomaior e estas novas pistas permitirán ampliar a oferta deportiva municipal, mellorar as condicións de práctica e facilitar a organización de actividades e competición", engadiu pola súa banda o edil de Deportes, Gonzalo Outeiro.

Esta reforma conta cun investimento previsto de 260.000 euros.

Unha vez se peche o proceso de contratación, explica o goberno local, as obras executaranse un prazo previsto de catro meses.

Ademais, o goberno local xa traballa nun novo proxecto para crear un complexo deportivo ao aire libre con dúas pistas de tenis nas inmediacións da Montesiña, completando así unhas instalacións modernas e renovadas para o desfrute da veciñanza.