Lidiane Carvalho, lista para debutar co Poio Pescamar

Poio
30 de xaneiro 2019

A futbolista brasileira foi presentada oficialmente e sumouse aos adestramentos do equipo, que xa prepara o partido da próxima fin de semana ante o Femisport Palau

Lidiane Carvalho, na súa presentación co Poio Pescamar
Lidiane Carvalho, na súa presentación co Poio Pescamar / Mónica Patxot

O Poio Pescamar conta ao fin co seu último reforzo, a brasileira Lidiane Carvalho.

A futbolista carioca foi presentada oficialmente este mércores e sumouse xa aos adestramentos do equipo, que prepara o duelo da fin de semana ante o  Femisport Palau, pechacancelas da Primeira División.

Carvalho, de 29 anos e que actúa no posto de ala-peche, estará dispoñible para esta cita unha vez solucionada a tramitación necesaria para a súa fichaxe e alta federativa.

"Vin para sumar. Veño co obxectivo de traballar e poder axudar ao equipo", sinalou Lidiane sobre a pista do pavillón municial da Seca, onde xogará ata o final desta campaña e unha máis.

A pesar de ser a súa primeira experiencia lonxe de Brasil, Carvalho mostrouse confiada en que "non vou tardar moito en adaptarme", aspecto importante para un Poio Pescamar que quere pelexar pola terceira praza da clasificación.