Despois de varias xornadas sen noticias con respecto ao seu proxecto deportivo, a Sociedad Deportiva Teucro deu un novo paso con outra renovación.
Nesta caso trátase de Jorge García Lloria, encargado de defender a portería do equipo as dúas últimas campaña xunto a Santana, con quen aínda non se chegou a un acordo.
Lloria, que continuará no equipo un ano máis, foi unha peza importante para que os azuis recuperasen a categoría en 2017 e lograsen a permanencia este último curso, tras chegar ao Teucro no verán de 2016 procedente do Academia Octavio.
Con el son xa nove os xogadores confirmados para o proxecto que dirixirá desde o banco Luís Montes, ao sumarse aos renovados Dani Hernández, Samu Gómez, Juan Quintas e Andrés Moyano e aos fichados Fafa Cangiani, Natan Suárez, Guillermo Fischer e Davor Cutura.