Lorena Patiño asina un Top-10 no Mundial de BTT de Valais

Marín
12 de setembro 2025

A ciclista marinense remontou varios postos ao longo da carreira júnior para finalizar nunha meritoria décima posición

Lorena Patiño, no Mundial de XCO de Valais en Suiza
Lorena Patiño, no Mundial de XCO de Valais en Suiza / RFEC

Gran resultado o conseguido por Lorena Patiño no Campionato do Mundo de Cros Country Olímpico (XCO) que se está a celebrar na localidade de Valais, en Suíza.

A ciclista marinense logrou un brillante Top-10 na cita mundialista, un resultado celebrado pola Real Federación Española de Ciclismo pola dificultade que supón.

Patiño completou unha sólida carreira, na categoría júnior feminina, de menos a máis.

Así tras completar a primeira do cinco voltas ao circuíto na 13ª posición, foi remontando até chegar a meta na décima posición a moi poucos segundos da austriaca Antonia Grangl, que foi novena.

"Inmensa carreira, realizando unha gran remontada, para demostrar o seu altísimo nivel", sinalou a Federación.

Lorena Patiño, en el Mundial de XCO de Valais
Lorena Patiñou, no Mundial de XCO de ValaisRFEC

Lorena finalizou a 5:28 da gañadora e dominadora absoluta da cita mundialista, a eslovena Maruša Tereza Šerkezi, que completou a proba en 1 hora, 1 minuto e 27 segundos.

A medalla de prata levoulla a suíza Anja Grossmann (+1:13) e o bronce a checa Barbora Bukovská (+2:50).

Era a segunda carreira da marinense no Mundial de BTT, que xa participara na proba de remudas (Team Relay) na que a Selección Española concluíu na undécima posición.