Experiencia positiva para Lorena Patiño no seu primeiro Campionato do Mundo de Ciclocrós en categoría Sub-23.
Ata Hulst, en Países Baixos, desprazouse a ciclista marinense convocada pola Selección Española.
Patiño non protagonizou a mellor saída, o que lle obrigou a remontar desde as últimas posicións.
Fíxoo entrando finalmente en meta no 24º posto e a só 15 segundos do Top-20 da carreira.
A vencedora foi a neerlandesa Leonie Bentveld cun tempo de 43:08, coa galega a 4 minutos.

O que logrou un resultado sobresaliente en Hulst, tamén en categoría sub-23, foi Raúl Mira en categoría masculina.
O ciclista alacantino pero que defende as cores do Grupo Deportivos Supermercados Froiz, chegou mesmo a soñar co podio finalizando na sétima posición.
Mira rodou gran parte da proba co grupo que se xogou o bronce, e impúxose no sprint final ao francés Leo Bisiaux confirmando o seu gran resultado.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.