Lorena Patiño roza o top 10 no Mundial de Ciclocrós

Marín
02 de febreiro 2025
Actualizado: 18:29

A ciclista marinense quedou a tan só cinco segundos de entrar no top 10. Os corredores sub23 do Froiz, Miguel Rodríguez e Raúl Mira, finalizaron nos postos 28 e 34, respectivamente

Lorena Patiño, no Mundial de Ciclocross de Lièvin
Lorena Patiño, no Mundial de Ciclocross de Lièvin

Brillante exhibición de Lorena Patiño no Mundial de Ciclocrós que se disputou ao longo deste fin de semana en Lièvin, Francia.

A marinense completou unha gran carreira fíxolle finalizar no posto once, a só cinco segundos do top 10.

Patiño, que quedara de 24 o ano pasado, realizou unha boa saída para entrar desde o primeiro xiro dentro do vinte mellores.

Aos poucos foi mellorando e adiantando aos seus rivais até establecerse nun valioso posto once.

Por detrás da ciclista de Marín concluíron as vascas Maier Olano e Irati Aranguren. A primeira foi de menos a máis para finalizar de 24 e, a segunda, de 26.

Pola súa banda, os ciclistas sub23 do GD Supermercados Froiz, Miguel Rodríguez e Raúl Mira finalizaron nos postos 28 e 34, respectivamente.

Miguel Rodríguez e Raúl Mira, no Mundial de Ciclocross de Lièvin
Miguel Rodríguez e Raúl Mira, no Mundial de Ciclocross de Lièvin

O galego e o valenciano sufriron desde o inicio o alto ritmo imposto na cabeza de carreira, que lles foi moi difícil de seguir. Ademais, Mira topouse cun problema mecánico que lle lastrou por completo a proba.