Lores avisa que "non colaboraremos directamente" con Rías do Sur ata resolver o conflito coa piscina

Pontevedra
21 de decembro 2015

O contencioso a tres bandas entre o Concello de Pontevedra, o club Natación Galaico e a Fundación Rías do Sur parece lonxe de resolverse, polo menos a curto prazo. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, avanzou este luns que desde o goberno municipal "non colaboraremos directamente" con Rías do Sur mentres non se resolvan os problemas de uso que se están rexistrando na piscina olímpica

Jacobo Moreira realizando unha pregunta a Fernández Lores no Pleno
Jacobo Moreira realizando unha pregunta a Fernández Lores no Pleno / Mónica Patxot

O contencioso a tres bandas entre o Concello de Pontevedra, o club Natación Galaico e a Fundación Rías do Sur parece lonxe de resolverse, polo menos a curto prazo. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, avanzou este luns que desde o goberno municipal "non colaboraremos directamente" con Rías do Sur mentres non se resolvan os problemas de uso que se están rexistrando na piscina olímpica.

Así o manifestou no Pleno municipal tras unha pregunta do portavoz do PP, Jacobo Moreira, que expresaba a súa preocupación pola falta de apoio do Concello á celebración en Pontevedra dun campionato nacional de natación -concedido ao Galaico e ao que tivo que renunciar-, o que na súa opinión xerara preocupación nos hostaleiros da cidade "porque se cancelaron moitas reservas".

Tras contestarlle que "está vostede esaxerando" porque, segundo Lores, o campionato non tiña data fixada polo que non se puideron producir cancelacións, o alcalde recoñeceu que "había interese" en Pontevedra por acoller este torneo e que se produciron "contactos" coa federación, este Nacional de natación nunca contou coa "anuencia" do Concello e, por tanto, non se consideran responsables da súa suspensión.

Fernández Lores explicou que a cuestión de fondo é o "problema" que existe actualmente na piscina olímpica, unha instalación que "construímos entre todos" e da que el mesmo é "socio fundador". O alcalde reiterou que hai "moitos rapaces" que practican waterpolo, natación sincronizada ou salvamento acuático que non poden adestrar nela, a pesar de que a lámina de auga está "sen uso" gran parte do día.

Neste sentido, o Concello dirixiuse á Xunta de Galicia para que, tendo en conta que o xestor desta piscina é unha fundación, fáganlles saber se se están respectando as "condicións de servizo público" que deben cumprir por lei os responsables de Rías do Sur.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora