Lúa Piñeiro cae nos cuartos de final do Grand Prix de Samsun (Turquía)

Umia
19 de setembro 2015

A deportista, natural de Caldas de Reis e actualmente nas filas do Natural Sport Riveira, gañou dous combates na categoría de -67 quilogramos e perdeu fronte á chinesa Hun Zhang, que chegou ata a final do torneo

Lúa Piñeiro durante un adestramento
Lúa Piñeiro durante un adestramento / Federación Galega de Taekwondo

Ata os cuartos de final chegou a aventura de Lúa Piñeiro na proba do Grand Prix de Samsun (Turquía), que se celebrou este venres.

A deportista, natural de Caldas de Reis e actualmente nas filas do Natural Sport Riveira, gañou dous combates na categoría de -67 quilogramos e perdeu fronte á chinesa Hun Zhang, que chegou ata a final do torneo.

Na primeira rolda tivo como rival á deportista de Canadá Ashley Kraayeveld e logrou o triunfo por 5-2, mentres que nos dezaseisavos de final eliminou a Paige McPherson (Estados Unidos) por 2-1. Nos cuartos, caeu contra a china por 1-7

Lúa chegaba a este campionato despois de acadar o triunfo nos Open de Polonia e Israel e sumar importantes puntos para o ranking mundial.