Lúa Piñeiro despídese coa cabeza alta da final do Grand Prix

Umia
10 de decembro 2016

A taekwondista de Caldas cedeu na primeira rolda da gran final ante a campioa do Mundo de 2015, Chia-Chia Chuang. Á final do Grand Prix, que se celebra estes días en Bakú, só se clasifican as mellores deportistas do ránking mundial

Lúa Piñeiro durante un combate
Lúa Piñeiro durante un combate

Sabía Lúa Piñeiro que avanzar rolda na final do Grand Prix de taekwondo ía ser complicado, pero a deportita caldense do Natural Sport acudiu á cita confiada nas súas posibilidades.

En Bakú, capital de Acerbaixán, compiten estes días unicamente os mellores taekwondistas do ránking mundial.

Por iso non sorprende que no seu primeiro combate Lúa tivese como rival á campioa do mundo de 2015 na súa categoría, os -67 quilos, Chia-Chia Chuang, representante de Taipei.

A pesar da dificultade, a pontevedresa plantou cara á súa rival e aguantou o tenteador empatado ata o terceiro asalto, cando nun descoido Chuang aproveitou para puntuar, decantar o combate ao seu favor e eliminar a Lúa Piñeiro da competición.