Lúa Piñeiro volve á competición no Grand Prix de Moscova

Umia
13 de agosto 2015

A deportista caldense busca mellorar o seu ranking olímpico nunha competición do máximo nivel que reparte 40 puntos ao gañador de cada categoría. Lúa competirá este venres 14 de agosto na categoría de -67 quilos

Lúa Piñeiro na entrada do Centro de Alto Rendemento
Lúa Piñeiro na entrada do Centro de Alto Rendemento

Co recordo aínda do seu bo papel no Open de Australia G2 do pasado mes de xuño, onde logrou o bronce, e tras participar nos Xogos Europeos, Lúa Piñeiro volve á competición e o fai cunha importante cita nas súas aspiracións olímpicas.

A deportista caldense afronta este venres 14 de agosto o Grand Prix de Moscova (Rusia), un torneo de máxima categoría que reparte 40 puntos para o ranking olímpico.

Lúa, que ocupa o vixésimo sétimo posto no ranking da súa categoría (-67 quilos) con 107,5 puntos, busca achegarse ao top-16 que marca a tamén española Marta Calvo con 146,96 puntos.

Ademais de Lúa Piñeiro, o equipo español en Rusia estará composto por: Rosana Simón (+67 kg), Brigit Yagüe (-49 kg), Eva Calvo (-57 kg), Marta Calvo (-67 kg), Daniel Ros (+80 kg), Jesús Tortosa (-58 kg), Joel González (-68 kg), José Rosillo (-68 kg), Raul Martínez (--80k) e Elaia Torrontegui (-49 kg).