Lucas Abadía vaise, Iván Rodríguez chega

Pontevedra
03 de agosto 2019

O Teucro cobre a repetina marcha de Abadía á primeira división francesa coa fichaxe dun prometedor extremo de vinte anos formado na canteira do Benidorm

Ivan Rodríguez, nova fichaxe do Teucro
Ivan Rodríguez, nova fichaxe do Teucro

O Teucro ficha ao extremo Iván Rodríguez do Benidorm para substituír a Lucas Abadía, que abonou a cláusula para rescindir o seu contrato co Teucro para fichar por un conxunto da Primeira Nacional francesa, que lle presentou unha oferta irrechazable.

O novo extremo dereito co que contará Luís Montes ten 20 anos e formouse na canteira do Benidorm, onde o vían como un importante xogador para o futuro.

Con este movemento, o primeiro plantel do Teucro queda formada por Fran Bujalance, Eduardo Salazar, Vicente Poveda, Cristopher Corneil, Samu Pereiro, Ferrán Cisneros, Andrés Moyano, Jose Andrés Torres, Nemanja Bojicic, Marko Dzokic, Federico Wermbter e Nikola Perovic.