O Cisne presenta ao equipo co que buscará manterse un ano máis en División de Honor Plata

Pontevedra
05 de agosto 2019

Coas tres novas incorporacións, o equipo dirixido por Jabato competirá contra o Teucro B o 14 de agosto na Copa Galicia, competición que intercalarán con amistosos contra equipos de Asobal e da súa categoría

O Cisne comeza a adestrar
O Cisne comeza a adestrar / Mónica Patxot

"Coger buena forma física y empezar con buen pie" é o obxectivo principal do Club Cisne Balonmano para esta pretemporada segundo o seu adestrador, Jabato. 

Co persoal da tempada pasada e as tres novas incorporacións, o Cisne buscará consolidarse e fortalecerse mellorando o fallado en anos anteriores e así manter, un ano máis, a categoría en División de Honra Prata.

O 14 de agosto enfrentarase ao Teucro B para disputar o pase á seguinte fase da Copa Galicia, competición que intercalarán con amigables contra equipos de Asobal e da súa categoría para así competir a un bo nivel esta tempada que dará comezo o 15 de setembro.

O primeiro será un atractivo derbi na cancha do Atlético Novás adestrado por Quique Domínguez. Unha semana despois, o 22 de setembro, producirase o debut en casa ante Alarcos Ciudad Real.