Luisito, confirmado como novo adestrador do Pontevedra ata final de tempada

Pontevedra
08 de febreiro 2021

O técnico de Teo é o elixido para substituír a Jesús Ramos no banco granate, na que será a súa segunda etapa no club. Asume, do mesmo xeito que hai uns anos, unha situación delicada no deportivo, aínda que nesta ocasión con pouco tempo para a reacción

Despedida de Luisito do Pontevedra CF o 20 de decembro de 2017
Despedida de Luisito do Pontevedra CF o 20 de decembro de 2017 / Mónica Patxot

Tres anos despois José Luis Míguez 'Luisito' volve á que foi a súa casa, o Pontevedra Club de Fútbol, para facerse cargo da nave granate nunha situación delicada.

O técnico de Teo foi confirmado este luns como novo adestrador do primeiro plantel pontevedrés, na que será a súa segunda etapa no club.

Luisito foi desde o principio uno dos candidatos para suplir a Jesús Ramos, sentenciado no cargo tras a derrota ante o Zamora que supuxo un cume de urxencia dos dirixentes no Estadio Municipal de Pasarón, aínda que a súa saída non se confirmase oficialmente ata última hora do domingo xunto á sorpresiva dimisión de Roberto Feáns como director deportivo. Non era a primeira vez que o conselleiro poñía o seu cargo ao dispor do club, coa diferenza de que esta vez si se aceptou a renuncia.

En canto ao banco, barallouse unha lista de máis dunha decena de nomes na que tamén figuraba o vigués Rubén Albés, entre outros, pero finalmente o Consello de Administración decantouse por un vello coñecido que ademais casa á perfección coa afección de Pasarón, que lle mantén nunha alta estima.

Non en balde Luisito foi o adestrador do último ascenso dos granates a Segunda B, na tempada 2014/2015, na que chegou xa empezada a liga para relevar a Manu Fernández. Despois mantívose as tres seguintes campañas na categoría de bronce, cun meritorio primeiro curso e unha segunda tempada na que clasificou ao equipo para o play- off de ascenso.

Foi na 17/18 cando todo comezouse a torcer, xa desde o inicio, cunha serie de resultados negativos que fixo ir sempre a remolque ao equipo na clasificación e que ocasionou a súa dimisión na xornada 13 do campionato tras perder en Talavera. A presidenta Lupe Murillo non aceptou entón a renuncia, continuando no cargo ata o parón do Nadal, momento no que a situación se volveu insostible e o club buscou un revulsivo para salvar a categoría e a tempada.

Agora Luisito volve ao principio, a coller ao equipo mediada a liga, pero faio con menos marxe que entón, e é que ao Pontevedra só lle quedan seis partidos para concluír a primeira fase, un tempo limitado para corrixir a situación e tentar pelexar polo terceiro posto, que daría acceso directo a xogar a próxima campaña na nova categoría, a Primeira RFEF.

O primeiro exame non se fará esperar, será o este mesmo mércores 10 de febreiro en Pasarón na visita do Club Deportivo Guijuelo. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora