A vitoria do Pontevedra CF deste domingo ante o Oviedo B supuxo un gran alivio para toda a directiva, corpo técnico e afección. Por iso, despois do encontro, a presidenta do club, Lupe Murillo, quixo, entre outras cousas, agradecer a todos os espectadores que acudiron a Pasarón a animar ao equipo nun momento no que o xogaba todo.
Un plantel que iniciara a tempada ilusionando á Boa Vila e cun obxectivo moi diferente ao que se viviu neste final de curso, condicionado, quizá, pola falta de público nos estadios e ao que Murillo pide desculpas por esa "ilusión que generamos todos y que por determinadas circunstancias no se ha dado".
E aínda que non quere buscar escusas, ten claro que a asistencia de afección ao templo granate "era necesario porque llevábamos una época solos en el campo y estuvieron aquí para apoyarnos".
Co curso acabado con moito sufrimento pero coa salvación de categoría xa no peto, Lupe Murillo xa pensa na próxima tempada: "Vamos a reanimarnos para empezar con la misma ilusión y buscar mejoras", admitiu.
Aquí non quedan as palabras da mandataria granate, que "en breve" fará un balance e unha reflexión do que foi esta tempada chea de altibaixos.