Lupe Murillo reelixida por unanimidade presidenta do consello de administración do Pontevedra

Pontevedra
04 de marzo 2016

Tras o seu nomeamento como conselleira por un período de cinco anos na recentemente celebrada Xunta Xeral de Accionistas, Lupe Murillo foi reelixida este xoves como presidenta do consello de administración do Pontevedra CF, nunha reunión celebrada a tal fin na sede do club, en Pasarón

Lupe Murillo en Pasarón, antes da súa primeira rolda de prensa como presidenta Mónica Patxot

Tras o seu nomeamento como conselleira por un período de cinco anos na recentemente celebrada Xunta Xeral de Accionistas, Lupe Murillo foi reelixida este xoves como presidenta do consello de administración do Pontevedra CF, nunha reunión celebrada a tal fin na sede do club, en Pasarón.

Aínda que o acto podería considerarse un mero formalismo legal, é de destacar que os conselleiros adoptaron a decisión por unanimidade, o que vén supoñer un importante respaldo á xestión da presidenta granate á fronte da entidade, neste ano e medio que leva ocupando a cadeira de brazos presidencial.

Ademais, na mesma reunión os conselleiros decidiron tamén que Lupe Murillo ocupe o cargo de conselleira delegada do Pontevedra CF SAD.

A presidenta quixo agradecer a todos os seus compañeiros de consello "la lealtad y la muestra de confianza" cara á súa persoa e cara ao Pontevedra.