Lydia Pérez cae nos cuartos de final do Mundial Sub-23 de loita

Pontevedra
01 de novembro 2019

A deportista pontevedresa avanzou con autoridade na primeira rolda do torneo, en Budapest, pero cedeu no seu segundo envite nun apertado duelo e non puido progresar no cadro

Lydia Pérez, nos Xogos Europeos de Minsk
Lydia Pérez, nos Xogos Europeos de Minsk

O Campionato do Mundo Sub-23 de Loita que se está disputando na capital de Hungría, Budapest, concluíu este xoves para Lydia Pérez Touriño.

A deportista pontevedresa caeu nos cuartos de final do torneo na categoría de 62 quilos, non podendo progresar cara ás roldas finais e a loita polas medallas.

Lydia debutou con bo pé na competición mundialista ao desfacerse con autoridade da canadense Avery Ruth Cameron (10-0).

Xa en cuartos de final, a representante do Club de Loita Pontevedra ofreceu tamén un bo nivel pero non lle bastou para superar á moldava Irina Ringaci (7-8).

Xunto a Lydia Pérez viaxou a Budapest o seu adestrador Marcos Miragaya, ademais doutros dous deportistas españois que completando o equipo nacional, Alejandro Cañada e Carlos Álvarez.